O 24 de novembro celébrase o Día do Dietista – Nutricionista en España. Celébralo connosco compartindo os hashtags da campaña #Xti y #DDN2023 www.diadeldietistanutricionista.org

Celebramos o #DDN2023 en España onde, o @cgcodn_oficial e a @aedninfomra lanzamos a campaña “Todo o que podo facer por ti” para reivindicar o recoñecemento da profesión e o seu impacto sanitario, social, educativo, económico e medioambiental

Reivindicamos o dereito de calquera persoa a ser atendida por un dietista-nutricionista no Sistema Nacional de Saúde, sempre que a súa saúde o requira (Declaración de Budapest)

Reivindicamos a incorporación do Dietista – Nutricionista no Sistema Nacional de Saúde na atención primaria, hospitalaria e na saúde pública

Reivindicamos o dereito da cidadanía á Cesta Básica de Alimentos saudable, segura e asequible

Pedimos a eliminación do IVE de todos os alimentos da cesta básica, así como a aplicación de medidas fiscais especiais aos alimentos incompatibles cunha dieta saudable

Reclamamos unha abordaxe multidisciplinar e integral da obesidade infantil desde o ámbito sanitario, educativo e social

Defendemos o dereito da infancia e a adolescencia á alfabetización alimentaria nos centros educativos, que lles permita realizar eleccións saudables

Promovemos a adhesión á dieta mediterránea como patrón alimentario de maior beneficio para a saúde e de menor impacto medioambiental, socioeconómico e produtivo

Exiximos un plan de protección da cidadanía fronte ás pseudoterapias e ás dietas milagre nas que participen Dietistas – Nutricionistas

Promovemos a colexiación obrigatoria de Dietistas-Nutricionistas, esencial para combater o intrusismo profesional, garantir a calidade asistencial e protexer á cidadanía

Loitamos pola creación da categoría profesional de dietista-nutricionista en todas as Comunidades Autónomas

O CGCODN é a voz das e dos d-n na European Federation of Associations of Dietitians @efad_org, o Comité Internac de Estandarización de la Nutriología (CIENUT), a International Confederation of Dietetic Associations (ICDA) e a asociación ONE HEALTH

Promovemos a supervisión dos menús de calquera colectividade (colexios, residencias, prisións…) por parte de Dietistas – Nutricionistas

Traballamos para lograr a incorporación gradual de criterios de sostibilidade nos servizos de alimentación a colectividades

Exiximos a regulación normativa da publicidade de alimentos e bebidas dirixida á poboación menor de 18 anos, en todos os soportes

Impulsamos a colaboración cos medios de comunicación e responsables de marketing en materia de alimentación, para aportar información veraz e combater a información enganosa, así como a desinformación

Recoñecemos o labor dos Colexios, Asociacións Profesionais e entidades que traballamos na defensa e promoción da profesión de Dietista-Nutricionista e para a mellora do sistema de saúde

Loitamos por unhas condicións laborais dignas para a profesión sanitaria titulada e regulada de Dietista – Nutricionista, no ámbito da restauración colectiva

Impulsamos a priorización de alimentos de proximidade e produción local, vexetais frescos e pouco procesados, peixes de fontes sostibles, auga de rede de calidade e alimentos ecolóxicos

Pedimos maior investimento en investigación en materia de nutrición e dietética en enfermidades non transmisibles, como a obesidade, e transmisibles, como o COVID-19

Defendemos o relevante papel das administracións locais no fomento de entornos alimentarios saudables, a economía circular, o apoio aos produtores locais e aos grupos con menos recursos

Impulsamos a Estandarización do Proceso do Coidado Nutricional para a excelencia na práctica profesional e para facilitar a inserción no Sistema Nacional de Saúde

Promovemos a redución de desperdicios e mellor xestión dos excedentes alimentarios

Apoiamos as políticas agroalimentarias saudables e sostibles, que protexan ás PYMES, para que a produción sexa custo-efectiva e contribúa a mellorar a resiliencia de todos os eslabóns da cadea alimentaria

Contacto

Para cualquier consulta o sugerencia puede enviarnos un correo electrónico y nos pondremos en contacto con usted a la mayor brevedad.